Pulo á rehabilitación de vivendas mediante préstamos a baixo prezo

O pulo á rehabilitación de inmobles tense convertido xa nun obxectivo prioritario na política de vivenda. E nese propósito inclúense dúas novas liñas de axudas postas en marcha pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, unha para particulares e outra destinada aos concellos de menos de cincuenta mil habitantes.  As normas que regulan ambos programas foron publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 23 de setembro.
Por unha parte, a Xunta crea un programa de préstamos subsidiados para a rehabilitación de vivendas, do que se poderán beneficiar as persoas físicas promotoras de actuacións de rehabilitación cuxos ingresos non superan 6,5 veces o Iprem (indicador público de renta de efectos múltiple, fixado agora nos 532 euros). No caso de que os ingresos familiares non sexan superiores a 4 veces o Iprem, o xuro aplicable aos préstamos será cero durante os catro primeiros anos. Para familias con ingresos entre 4 e 5,5 veces o Iprem, o IGVS subsidiará os xuros nun 80 por cento durante catro anos.
O outro programa que se pon en marcha é un fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, que estará dotado con 10 millóns de euros e permitirá aos concellos financiar, con tipo de xuro cero, as súas actuacións de rehabilitación.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en OrbytMás información en El Correo Gallego (edición papel) y en OrbytMás información en El Correo Gallego (edición papel) y en OrbytMás información en El Correo Gallego (edición papel) y en OrbytMás información en El Correo Gallego (edición papel) y en OrbytMás información en El Correo Gallego (edición papel) y en OrbytMás información en El Correo Gallego (edición papel) y en OrbytMás información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

el correo gallego - diario de la capital de galicia - portada

Fuente: EL CORREO GALLEGO